[ View menu ]

Monthly Archive Xaneiro, 2008

Éxito da caceirolada antisgae

Esta mesma noite vense de celebrar o acto de protesta convocado polo Komando Antisgae / Acción Cultura Libre que xuntou a preto de 200 persoas na compostelana praza do Obradoiro, xusto diante do Hostal dos reis católicos onde a SGAE celebraba a súa "Noche de los autores".

p1020158.JPG

Durante a hora e media de caceirolada corearonse distintas consignas como: "Copiar, pegar, poder modificar", "Amancio Ortera , copia e pega", "Todos e todas somos creadoras", "Ahí está a cova de Aalíbabá", "Copyleft, cultura libre", "Nos somos piratas, vos sodes ladróns"... Tamén son de destacar os ánimos persoais cos que eran recibidos os asistentes ao acto que ían chegando en taxi, coche de luxo e incluso en autobús.

Así, nin as inclemencias metereolóxicas, nin a abundante presenza policial puideron empañar esta protesta que non foi un feito isolado, senon que é o comezo dunha relación desta cidade coa SGAE, porque pensamos seguir berrando ben alto en defensa dunha cultura libre.

Ata a vindeira ocasión e grazas a tod@s por participar!!

Chuzame! chuzame -

Caceirolada anti-sgae

Este xoves 17 de xaneiro con motivo da celebración da " 5ª Noite dos Autores" por parte da SGAE o Komando Anti-SGAE / Acción Cultura Libre convoca a celebrar unha caceirolada de protesta ás 19:30h. na praza do Obradoiro.

Este acto da SGAE, presentación en sociedade antes da inauguración da súa sede no barrio de Vista Alegre, serve para premiar as entidades que están a funcionar como mecenas e embaixadores da súa chegada á nosa cidade. Estes socios, que deste xeito se posicionan contra a liberdade de difusión da cultura, son Inditex, o IGAEM (organismo público dependente da Xunta de Galiza), o Concello de Compostela, a USC e a Federación de Asociaciones Provinciales de Empresarios de Salas de Fiesta, Baile y Discotecas de España (FASYDE).

MANIFESTO

Chuzame! chuzame -