- Éxito da caceirolada antisgae » »
- « « Curso “PROPIEDADE INTELECTUAL vs LIBERDADE DE USO /MODIFICACIÓN /COPIA”
Caceirolada anti-sgae
Este xoves 17 de xaneiro con motivo da celebración da " 5ª Noite dos Autores" por parte da SGAE o Komando Anti-SGAE / Acción Cultura Libre convoca a celebrar unha caceirolada de protesta ás 19:30h. na praza do Obradoiro.
Este acto da SGAE, presentación en sociedade antes da inauguración da súa sede no barrio de Vista Alegre, serve para premiar as entidades que están a funcionar como mecenas e embaixadores da súa chegada á nosa cidade. Estes socios, que deste xeito se posicionan contra a liberdade de difusión da cultura, son Inditex, o IGAEM (organismo público dependente da Xunta de Galiza), o Concello de Compostela, a USC e a Federación de Asociaciones Provinciales de Empresarios de Salas de Fiesta, Baile y Discotecas de España (FASYDE).
chuzame -