[ View menu ]

Archive for 'Sen clasificar'

Gran acollida na Coruña

O pasado día 20 de xuño celebrouse a presentación do komando Antisgae na Casa das Atochas no coruñés barrio de Montealto. O acto, enmarcado nas xornadas "Cultura libre para unha sociedade libre", transcorreu nun ambiente distendido e tivo gran acollida polos moitos compañeir@s que asistiron á presentación.

A continuación, e como parte do programa do día, unha compañeira de EXGAE de Barcelona expuso as razóns, obxectivos e estratéxias desta asociación de axuda a todos os "enganchados" á SGAE. Moito aprendimos con ela e agardamos comezar a empregar na práctica os coñecementos teóricos relatados para deste xeito dar un pulo ás nosas própias accións pola defensa da cultura libre.

Finalmente, só nos queda agradecer aos compas da Coruña a invitación a estas fabulosas xornadas, desexando que sigan con esa vitalidade de actividades.... e lembrarvos a tod@s que o Komando non se cansa... seguiremos loitando!! Únete ti tamén!!

Chuzame! chuzame -

Hoxe entra en vigor o canon

Hoxe 20 de xuño o canon dixital entrou en funcionamento!!

Deste xeito xa poden respirar tranquilos estes grandes "defensores" da cultura: Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) felicítase de que "se vaya a normalizar esta situación". A Entidad Derechos de Productores Audiovisuales (EGEDA) celebra que "con esta orden ministerial, que llega tras quince meses de retraso, se termine con tanta inseguridad jurídica" no sector; e CEDRO destaca que a cuestión do canon "no podía demorarse más".

Pero que ninguén se preocupe, os cidadáns correremos cos custos da súa cultura (da chantaxe). Así, amosamos uns exemplos dos incrementos de prezos que, polo de agora, son:

incrementos de prezos co canon dixital

O espectáculo de seguro continuará...

Chuzame! chuzame -

Presentación do komando na Coruña

Este venres 20 ás 20:00h. terá lugar na casa das Atochas (Atocha Alta 14) a presentación do Komando Antisgae na Coruña onde compartiremos mesa nesta ocasión cunha representante da EXGAE (http://exgae.net/).

Este acto enmárcase dentro das xornadas "Cultura libre para unha sociedade libre" organizadas polo incansable colectivo coruñés A cultura Preokupa. (aculturapreokupa.blogaliza.org)

Convidamosvos a tod@s a pasarvos por alí.

Máis info en: http://aculturapreokupa.blogaliza.org/files/2008/06/cultura_livre.jpg

Chuzame! chuzame -

O komando convidado na Semana da Educaçom Crítica

Repondendo ao convite da Assembleia da Educaçom Crítica o komando participou onte na palestra "Enclaves de disidência, Copy-left " na que se compartiu espazo con Estaleiro Editora.

A palestra foi moi didactiva e participativa e permitiu aclarar certos conceptos básicos sobre a chamada propiedade intelectual e reflexionar sobre a necesidade de que a cultura sexa libre.

A acollida dos asistentes foi moi boa e deu lugar a varios debates que tentaron profundizar nos aspectos máis escabrosos da lei e do funcionamento das entidades de xestión que a patrocinan.

Imaxe da palestra

Dende aquí queremos agradecer aos organizadores a posibilidade que nos deron de darnos máis a coñecer e agardamos que se puideran extraer interesantes conclusións da nosa participación neste evento educativo.

Chuzame! chuzame -

Éxito da caceirolada antisgae

Esta mesma noite vense de celebrar o acto de protesta convocado polo Komando Antisgae / Acción Cultura Libre que xuntou a preto de 200 persoas na compostelana praza do Obradoiro, xusto diante do Hostal dos reis católicos onde a SGAE celebraba a súa "Noche de los autores".

p1020158.JPG

Durante a hora e media de caceirolada corearonse distintas consignas como: "Copiar, pegar, poder modificar", "Amancio Ortera , copia e pega", "Todos e todas somos creadoras", "Ahí está a cova de Aalíbabá", "Copyleft, cultura libre", "Nos somos piratas, vos sodes ladróns"... Tamén son de destacar os ánimos persoais cos que eran recibidos os asistentes ao acto que ían chegando en taxi, coche de luxo e incluso en autobús.

Así, nin as inclemencias metereolóxicas, nin a abundante presenza policial puideron empañar esta protesta que non foi un feito isolado, senon que é o comezo dunha relación desta cidade coa SGAE, porque pensamos seguir berrando ben alto en defensa dunha cultura libre.

Ata a vindeira ocasión e grazas a tod@s por participar!!

Chuzame! chuzame -

Caceirolada anti-sgae

Este xoves 17 de xaneiro con motivo da celebración da " 5ª Noite dos Autores" por parte da SGAE o Komando Anti-SGAE / Acción Cultura Libre convoca a celebrar unha caceirolada de protesta ás 19:30h. na praza do Obradoiro.

Este acto da SGAE, presentación en sociedade antes da inauguración da súa sede no barrio de Vista Alegre, serve para premiar as entidades que están a funcionar como mecenas e embaixadores da súa chegada á nosa cidade. Estes socios, que deste xeito se posicionan contra a liberdade de difusión da cultura, son Inditex, o IGAEM (organismo público dependente da Xunta de Galiza), o Concello de Compostela, a USC e a Federación de Asociaciones Provinciales de Empresarios de Salas de Fiesta, Baile y Discotecas de España (FASYDE).

MANIFESTO

Chuzame! chuzame -

Curso “PROPIEDADE INTELECTUAL vs LIBERDADE DE USO /MODIFICACIÓN /COPIA”

Cartaz Universidade Popular
Comeza o curso "PROPIEDADE INTELECTUAL vs LIBERDADE DE USO/
LIBERDADE DE MODIFICACIÓN / LIBERDADE DE COPIA"
da UNIVERSIDADE POPULAR tódolos mércores ás 21h na Casa Encantada:

NOVEMBRO
- DIA 14: INTRODUCIÓN: Dereito á propiedade intelectual?
- DIA 21: DOS DEREITOS DE AUTOR/A ( Dende o enfoque Oficial).
- DIA 28: PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR/A (accións, persecucións, entidades de Xestión).

DECEMBRO
- DIA 5: COPYLEFT, CREATIVE COMMONS
- DIA 12: COPYLEFT

» copyleft e a edición
» arte e copyleft

- DIA 19: COPYLEFT.

» música libre e copyleft
» creación audiovisual e copyleft

XANEIRO
- DIA 16: SOFTWARE LIBRE GNU
- DIA 23: LICENZAS GPL
- DIA 30: ESTRATEXIAS POLA FIN DA CULTURA PRIVATIVA (redes sociais).

Chuzame! chuzame -

Cea pola cultura libre

Ola compañeir@s!!

O vindeiro xoves día 4 de outubro terá lugar na Casa Encantada (rúa Betanzos nº 35 baixo) a cea pola cultura libre... non deixes de acudir!!

cea_culturalibre_web.jpg

Chuzame! chuzame -

Manifesto

A defensa dos dereitos de autora implica en Compostela o gasto de 10 millóns en fondos públicos e a cesión por parte do concello e da USC da finca de Vista Alegre. Para tal obra que califican como nova "Casa da Cultura" empregaránse mil kilos de granito no que é calificado coma "zona privilexiada" do eixo norte cidade xunto cos futuros pisos de luxo, aos pés da casa do presidente, contruído todo isto sobre as ruínas do edifício histórico do hopital, rodeado dunha zona verde completamente artificial.

Estamos a falar da sede da SGAE para o noroeste do Estado español, entidade privada que se lucra en nome da defensa dos dereitos das artistas. Esta "defensa" materizalizase a través de métodos de lobby e coa plena sumisión do govero, con exemplos como a aprobación da "lei de propiedade intelectual" (real decreto lexislativo 1/1996) que en ocasións é utilizada como excusa para expulsar a centos de persoas que teñen na venta de música na rúa o único xeito de supervivencia, igualmente para anular o chamado "dereito de liberdade de expresión" de dúcias de webs, radios e xornais libres creados por colectivos que pretendemos amosar a nosa perspectiva da realidade afastada da que amosa a dictadura dos mass-media.

Ademáis, nas súas actuacións vislúmbranse métodos empresarias como o canón imposto aos cd's virxes como a moitos outros soportes, da que sacan unha importante tallada e dificulta a actividade e difusión das obras dos propios artistas.

É por isto que nos rebelamos contra a especulación e as súas mil caras, contra a que destrúe as nosas cidades, a que expulsa a persoas do territorio que habitan, a que mercantiliza a nosa culturua e esmaga a nosa creatividade.

Contra esta situación creamos a alaternativa da autoorganización aberta e horizontal a través do Comando Anti-SGAE / Acción: cultura libre (antisgae.blogaliza.org) e a promoción da cultura libre e a libre difusión de saberes con todo tipo de rexistro libre.

Chuzame! chuzame -